Ilegal

Ilegal é o novo disco da banda de rap Galega Rebeliom do Inframundo.
O título ilegal, xogaba coas diversas acepcións da propia palabra en infinidade de campos. A censura nas artes, a música, danza, etc… Reforzando este sentido, para o desenvolvemento do deseño deseñamos unha serie de elementos que acompañarán en todo momento ao concepto que envolve o disco (ilegal). Coa intención non so de reforzar a mensaxe a nivel gráfico, senón tamén co fin de poder desenvolver infinidade de aplicacións sempre dentro dunha liña estética e lóxica.
Por isto, desenvolvemos unha iconografía composta de dez pezas onde cada unha ven a representar un concepto dentro de Ilegal.

fotografía da banda de rap rebeliom do inframundo

O feminismo
Tomamos como referencia un dos símbolos do feminismo, o triángulo, que a súa vez é símbolo dende hai miles de anos da feminidade. “Riscando” / partindo o triángulo a metade outorgámoslle o sentido de prohibido, ilegal.

Música/censura
Música – ilegal. Neste caso, tomamos a música como elemento de expresión. Ilegal facer música que non entre nos “estándares” de mensaxe. Centrámonos pois na censura da música, o silencio, a ausencia de. Que traducido a linguaxe musical, tradúcese nun silencio gráfico composto por dúas liñas paralelas (pentagrama) e un rectángulo (silencio).

desenvolvemento do icono de feminisimo para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de censura para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de protesta para o disco ilegal

Protesta
Tomamos como elemento unificador gráfico de protesta o megáfono. Un altofalante da mensaxe. Un aparello que “da voz” a protesta. Baseándonos na forma básica do mesmo, extraemos o triángulo, que riscado, ven a ser na súa forma mais básica, un altofalante silenciado, como o icono de volume do propio PC cando está muteado.

Música na rúa
Neste caso tomamos a música como elemento en si mesmo. A música. Que polo simple factor de ser representada na rúa convértese en algo ilegal. Para a súa representación centrámonos nun dos instrumentos mais “estandarizados” entre músicos : A guitarra. Tomando como elemento principal a parte central da guitarra, de onde sae o son da caixa de resonancia, representamos un círculo, que fusionado cunha sinal de prohibición viría a significar a prohibición da música na rúa.

desenvolvemento do icono de música na rúa para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de arte para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de prohibido para o disco ilegal

Arte
A arte como modo de expresión. Tomamos como referencia o soporte gráfico. O lenzo.
Un lenzo pode ser unha parede, pode ser unha pedra. É o soporte onde plasmar a mensaxe do seu autor. Se calamos a arte, se prohibimos a mensaxe. O que nos queda é un lenzo en branco que, levado a súa forma mais básica, queda nun cadrado.

Ilegal/prohibición
O ilegal como concepto global. Como un cuño, unha etiqueta de certas situacións. Cataluña, ilegal!, A emigración, ilegal!, etc... Situacións onde ninguén se para a pensar demasiado. Isto é ilegal porque mo din.

desenvolvemento do icono de escribir para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de contracorrente para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de medio ambiente para o disco ilegal
desenvolvemento do icono de amor para o disco ilegal

Escribir
A escritura é ilegal. Os ensaios, as lecturas que van máis aló do “estándar”. O que non interesa que se lea. A expresión no medio escrito. Por iso, para o desenvolvemento deste icono ímonos a forma máis básica de tapar/calar un texto escrito, o risco.

Contracorrente
Pensar “é ilegal”. O pensamento, o seguir un camiño que non é o marcado. Por iso, para o deseño deste icono xogamos coa intersección entre liñas. Unhas liñas perpendiculares onde se debuxa a modo de risco sobre unha delas unha paralela. Forzando así un camiño determinado.

imaxe cos dez iconos deseñados para o disco ilegal

Medio ambiente
O medio ambiente é ilegal. O cambio climático “inexistente” ante os intereses económicos das grandes empresas. Para o deseño deste logotipo xogamos coa combinación de dúas formas, o sinal de prohibido e o globo terráqueo, que ao combinalas, forman no medio unha folla, a representación do medio ambiente.

Amor Ilegal
Neste caso, a idea é unificar nun icono o concepto xeral de amor. O amor entre persoas, o amor familiar, o amor como cariño, contacto, calidez, etc...
Se nos paramos a analizar o concepto a nivel xeral, reparamos en que todas as representacións conceptuais relacionadas co amor teñen en común na súa representación gráfica o círculo. Unha figura sólida que de por si simboliza a estabilidade, a unión.

animación onde os dez iconos deseñados para o disco forman a palabra ilegal

Partindo desta premisa, rompemos o círculo ao medio, separando as dúas partes, dous puntos que nunca se tocan nos seus extremos, onde non podería fluír nada, nin pecharse, e que ao mesmo tempo pode lembrar a un corazón partido

Deste xeito, e unindo esta sección co simbolismo da sinal de prohibición, conseguimos unha forma representativa na súa esencia de que calquera forma de amor é ilegal.

despliegue do disco formato digipack pola parte exterior

Así, desenvolvemos os dez iconos que acompañan o deseño e maquetación do disco Ilegal, sempre en consonancia coa tipografía, podendo incluso chegar formar parte da mesma.
Para o resto da imaxe, dispusemos unha serie de pinceladas ou brochazos para dar un ton máis agresivo en determinadas aplicacións, un ton máis da rúa,

outorgando un carácter un pouco máis “Orgánico” e menos “aséptico”. Todo enmarcado en tres tons principais, o negro, o branco e o vermello.
Fotografías da banda de man de Alberto Lora.

despliegue do disco formato digipack pola parte interior