[k] proxectos!
O motoclub de Abegondo e un equipo de Enara da vila de Abegondo.O obxectivo para este proxecto era o de buscar un logotipo que conseguira identificar ao equipo, onde encaixar unha serie de elementos que me comentaran con anterioridade cos que se sentían identificados dentro dun mesmo espazo sen perder a identidade e a lexibilidade. Obtendo así un resultado funcional, que se puidera adaptar a distintos tamaños e espazos ou determinadas aplicacións.
É importante que no logo sempre se identifique ben o club ao que pertence, por iso a tipografía neste sentido debía ter un papel central na composición do logo, e neste caso, en base a ela, deseñamos o resto de elementos para conseguir un conxunto compacto.
Algo identificativo da zona era unha liña de corrente ao final dun camiño de montaña, por isto, o que fixen foi representar unha zona montañosa, que tamén é característico do enduro, na que caen dous raios (en representación da liña de corrente).
Todo isto unido a tipografía da que antes falabamos e rematando a composición cun casco, tomando esta parte como representación do deporte, o equipo, a moto e o piloto. Deste xeito teríamos representados a montaña, a electricidade e o piloto como símbolo do equipo nun mesmo logo.
Fotografías cortesía do Motoclub Abegondo.