Labranza Music Bar

O bar Labranza é un bar situado na aldea de Meiro, unha aldea de Bueu. Este bar ten un gran circuíto musical, e a súa actividade cultural xira principalmente en torno ao mundo da música.
Este proxecto radicaba en deseñar un logotipo que axuntase en si mesmo a esencia desta sala.

logotipo deseñado para o bar labranza

É importante saber, que a aldea de Meiro é un dos únicos lugares do mundo onde se da un produto único. O millo corvo. Produto característico desta aldea onde se celebra a festa gastronómica do mesmo nome.

Por isto, a idea para a confección do logotipo era conseguir un resultado que reflectise unha serie de conceptos que fan do Labranza unha sala especial. A música, a labranza e a súa localización (Meiro/millo corvo).

imaxe onde se amosan a nivel visual o concepto do logo, unhas notas, unha fouciña e o millo
logo do bar labranza impreso sobre tela