Torsión Mundial

Torsión Mundial é o primeiro disco da banda de ska punk folk galega The Skarnivals.
O disco edítase en Outubro de 2012, un momento onde as tensións políticas e os cambios sociais fanse palpables ao longo e ancho do mundo. Isto, sumado a chegada da fin do mundo ese mesmo ano segundo a profecía maia, da lugar ao título deste LP.

vista da portada, contraportada e galleta do disco torsión mundial

Para o deseño deste disco, a idea era plasmar este concepto xogando coa dualidade do momento acontecido. As dúas caras dun mundo dividido. Deste xeito, e a nivel ilustrativo buscamos a forma de, nunha mesma cover, conseguir obrigar ao usuario a voltear o disco, “torsionalo” e amosar así “as dúas caras da moeda”.

A maquetación do mesmo, aínda que seguindo unha mesma liña gráfica, está adaptada segundo as temáticas que abranguen as letras, e deseñada de xeito individual, para poder así acompañar a nivel gráfico, cada unha das cancións.

vista da portada do disco torsión mundial sen rotar amosando a cara algre da terra vista da portada do disco torsión mundial rotado amosando a cara triste da terra
vista da portada, contraportada, galleta e libreto do disco torsión mundial