[k] proxectos!
O FIJ Bueu é un festival internacional de Jazz que se celebra na vila de Bueu.A idea para este proxecto era desenvolver unha imaxe que representase tanto gráfica como conceptualmente a esencia do evento en si mesmo. Para iso tomamos como punto de partida os tres elementos que caracterizan ó festival; a música jazz, Bueu e o internacional.
Por isto, a idea baséase en tomar diferentes lugares e localizacións distintivos da vila (a lonxa, a illa de Ons, o faro de Ons, o porto…) e fusionalos con diferentes instrumentos característicos do jazz. Reforzando así a idea ao mesturalos de que durante os días oito e nove de Xuño o Jazz soaría por distintas zonas de Bueu.
Ao mesmo tempo, quería remarcar a idea da internacionalidade do festival, e por isto, xogando coa fusión entre cores, instrumentos e os elementos da vila, créase a idea de bandeiras. Todas elas ficticias (a excepción da de Bueu) que representarían o internacional.
“A propia música forma as bandeiras, o internacional”
Para as diversas aplicacións e soportes onde a imaxe se amosaría, desenvolvéronse diferentes adaptacións respectando ao deseño orixinal. Simplificando o número de tintas dende unha, nas súas versión en positivo ou negativo, como na combinación de dúas no caso das camisolas.
Unha imaxe fresca, colorida e dinámica onde poder xogar con diversas formas e obxectos sen perder o sentido inicial da mesma.