Sondarúa redeseño

Sondarúa é unha banda de rap galega nada en Ponteareas.
O obxectivo neste proxecto era o redeseño do antigo logotipo. A idea, tomando como referencia o estilo e temática da banda, era a de buscar unha identidade concreta, eliminando elementos que interferían na comunicación e buscando unhas cores coas que poder xogar tanto a nivel gráfico como comunicativo.

imaxe da banda de rap sondarúa en duotono vermello e azul

Para esta proposta, tomamos como elemento distintivo a propia tipografía. Xogando co concepto de "son da rúa" e o seu estilo musical; da rúa, o improvisado, o informal. Onde a propia tipografía componse cun trazo desenfadado para darlle personalidade. Aparte, mantemos algúns dos elementos máis característicos do logotipo inicial confeccionados na mesma liña estética da tipo, dándolle así un toque máis ilustrativo ao conxunto.

Do mesmo xeito, e aproveitando estes elementos, desenvolvemos un icono de libre uso, que pode servir como “cuño” a nivel individual ou como padrón na súa repetición. Fotografías da man de Alberto Lora.

logotipo da banda de rap sondarúa
padrón en forma de rombo formado a partir do icono deseñado para sondarúa
padrón formado a partir do icono deseñado para sondarúa