Axencia de lectura de Meiro

Carmeiriño é a mascota da Axencia de lectura de Meiro. Unha aldea da vila de Bueu.
Aló polo 2003, o concello lanzou un concurso co obxectivo de buscar unha mascota para a nova biblioteca desta aldea. No concurso, buscábase tanto unha proposta a nivel gráfico como a nivel personaxe. A miña proposta, foi Carmeiriño. Unha folla de carballo, árbore típica e moi presente non so en Meiro senón na Galiza en xeral.

logotipo da axencia de lectura de meiro onde se amosa a Carmeiriño

A mascota tiña un carácter moi sorrinte, con dous libros baixo o brazo que convidaba aos rapaces á lectura.
Quince anos despois, tiven o pracer de redeseñar esta mascota, que perdura na axencia de lectura e que precisaba dun ton máis actual, menos infantil,

dixitalizado e con posibilidade de adaptación a diversos medios, dende o carné de socio hasta un selo, camisolas, etc. O resultado foi esta versión “2.0” do meu Carmeiriño :D

noticia do faro de vigo onde se amosa a iago comedeiro no 2003 logotipo na versión positiva negro sobre branco