Biocap Festival 2018

Biocap Festival é un festival de música que se celebra en Barcelona o 31 de Decembro.
O festival está organizado pola asociación Bioritmo, unha asociación que leva por bandeira os conceptos de música, natureza, ecoloxía e conciencia.
Para este formato, a idea era construír dende cero unha imaxe que axuntase todos estes conceptos e a súa vez, incluír ao redor desta un animal distintivo que caracterizase o festival e puidese acompañar as diferentes edicións.

banner co logotipo do biocap rodeado por plantas e os catro lagartos

Para o deseño do logotipo, a idea era buscar un elemento xerado pola propia natureza, que ademais puidese ter relación co festival.
Por isto, a elección neste sentido foi a do copo de neve. Por un lado, o copo de neve é un elemento xerado pola natureza, a súa vez, ten unha relación directa coa estación durante a que se celebra o festival. O inverno.

Trátase dun elemento claramente xeométrico ao tratarse dun fractal, de aí a súa relación coa xeometría e as formas naturais que inspiraban a Gaudí, figura icónica de Barcelona, cidade onde se celebra o festival e un dos motivos que nos levan a la elección do animal asociado. O lagarto.

logo do biocap blanco con fondo azul logo do biocap azul con fondo branco

Deste xeito e de forma xeométrica, deseñamos un icono a partir do copo de neve onde mediante o seu desenvolvemento xeramos unha forma constituída por unha representación do propio copo, un cadrado e catro follas que reforzan a parte “bio”, o natural.

Que no seu conxunto conforman un elemento que nos recorda a unha baldosa, un motivo decorativo que novamente fai referencia ao arquitecto Gaudí e ao animal asociado ao festival. O lagarto / parque Güell.

catro carteis do biocap pegados na rúa detalle dun cartel do biocap pegado na rúa

O lagarto, ademais de ser un animal do que existen infinidade de especies (factor que dará moita versatilidade á hora de ilustrar en canto as súas cores, formas, etc…) mantén unha relación icónica coa cidade de Barcelona ao ser unha das obras máis representativas do arquitecto Gaudí.

Deste xeito, teríamos un animal exótico, de formas e cores versátiles que a súa vez manteñen unha relación directa coa cidade onde se celebra o festival. Barcelona. Así, aínda que falamos de elementos claramente diferenciados, todos eles manteñen unha clara liña común.
Fotografías cortesía do Biocap Festival.

vista de varias pantallas da versión móvil da web do biocap fotografía de iseo & dodosound no biocap
publico no festival biocap vista detalle das pulseiras do biocap